Cultura

Cultura Celanova


Image

Celanova é unha das vilas galegas con máis tradición cultural. Co paso dos últimos anos o valor cultural da vila estase a facer patente grazas ás numerosas actividades, edificios e persoal adicados a render tributo aos poetas, celebracións, lugares singulares, edificios históricos, ... da nosa vila.

Non só se pode considerar a Celanova, a Vila dos poetas, aínda que sexa unha boa carta de presentación, xa que autores como Castor Elices, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou o propio presidente da Real Academia Galega Xosé Luis Méndez Ferrín, Celanova goza de outros moitos elementos culturais a ter en conta.

  • Historia
  • Museos
  • Escritores

Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez é quizás un dos referentes desta Vila dos Poetas como é Celanova. A través da páxina da Fundación Curros Enríquez poderase obter toda a información ao respecto deste poeta grandioso, e máis das actividades e eventos máis destacados da Casa que acolle a devandita Fundación.

Image

Image

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro Míguez é un dos nosos ilustres, e máis laureados poetas da nosa vila. Nado en Celanova o 6 de xaneiro de 1912, e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un dos máximos exponentes da literatura galega da época da posguerra, destacando por enriba de todas a súa obra estrela Longa noite de pedra.

  • Cartafol de Poesía. Celanova, 1936
  • Al aire de tu vuelo. Poemas, 1941
  • Baladas, cantigas e donaires. Ediciones Céltiga, Pontevedra, 1947
  • Musa Alemá. Colección Benito Soto, Pontevedra, 1951
  • Curros Enriques. Biografía. Moret, A Coruña, 1954 (1ª edición).
  • O soño sulagado. Col. Alba, Vigo 1955; Eds. Xerais, Vigo, 1991.
  • Voz y voto. (Col. Papel de Estraza. Montevideo). Vigo, 1955.
  • Longa noite de pedra. (1962). Col. El Bardo, Barcelona, 1967; Akal, Madrid, 1978; Eds. Xerais, Vigo, 1990.
  • Viaxe ao país dos ananos (1968). Akal, Madrid, 1979; Akal bolsillo 53, Madrid, 1981; Edicións Xerais de Galicia, Col. Biblioteca das Letras Galegas, 1998.
  • Cantigas de Escarnio e maldecir. Ed. Nos. Caracas, 1968. Publicado baixo o pseudónimo de Arístides Silveira.
  • Terra de ningures. Ed. Xistral. Col. Val de Lemos. Monforte, 1969.
  • Paco Pixiñas. Historia dun lesleigado contada por il mesmo. Ed. do Castro. Sada, A coruña, 1970.
  • Antipoemas. Col. Alamo. Salamanca, 1972.
  • Autoescolha poética. Ed. Rasso actual. Porto. 1972.
  • A fronteira infinda. Castrelos. Vigo, 1972.
  • Cimeterio privado. Edicións Roi Xordo. Xenevra, 1973.
  • Onde o mundo se chama Celanova. Editora Nacional. Madrid, 1975; Eds. Xerais, Vigo, 1991.
  • A taberna do Galo. Ed. Castrelos. Col. O moucho. Vigo, 1978.

Castor Elices

Castor Elices Rodríguez naceu en Celanova o 21 de xaneiro de 1847. Licenciouse en Medicina pola Universidad de Santiago de Compostela e ingresou por oposición no corpo de Sanidade da Armada, onde chegou ao grao de capitán.

Castor Elices finou en Celanova o 15 de marzo de 1886.

Image

    Mención particular merecen os seus poemas "Follas secas" e "A miña nai" .


Image

Xosé Luis Méndez Ferrín

Xosé Luis Méndez Ferrín é un poeta nado en Ourense no ano 1938. Está directamente ligado á nosa vila, xa que estivo longas temporadas facendo vida en Vilanova dos Infantes. Foi o presidente da Real Academia Galega dende xaneiro de 2010 ata febreiro de 2013.


  • Voce na néboa, 1957.
  • Antoloxía Popular, 1972, co pseudónimo de Heriberto Bens.
  • Sirventés pola destrucción de Occitania, 1975.
  • Con pólvora e magnolias, 1977. Premio da Crítica.
  • Poesía enteira de Heriberto Bens, 1980.
  • O fin dun canto, 1982.
  • Erótica, 1992.
  • Estirpe, 1994. Premio Losada Diéguez.
  • O outro, 2002.
  • Era na selva de Esm, 2004.
  • Contra Maquieiro, 2005. Premio Losada Diéguez.
  • Percival e outras historias, 1958.
  • O crepúsculo e as formigas, 1961.
  • Arrabaldo do norte, 1964.
  • Retorno a Tagen Ata, 1971.
  • Elipsis e outras sombras, 1974.
  • Antón e os inocentes, 1976.
  • Crónica de nós, 1980.
  • Amor de Artur, 1982.
  • Arnoia, Arnoia, 1985.
  • Bretaña Esmeraldina, 1987. Premio Crítica Galicia.
  • Arraianos, 1991. Premio Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Crítica Española.
  • No ventre do silencio, 1999. Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa “Carlos Blanco”.