- Inicio
- Festas
Festas de Celanova
No calendario local de eventos teñen especial relevancia a Romaría Etnográfica Raigame que se celebra o 17 de maio en Vilanova dos Infantes co obxetivo de revitalizar antigos oficios e tradicións populares coincidindo coa celebración do día das Letras Galegas, e a Ramallosa , o primeiro fin de semana de agosto, en trámites de ser considerada Festa de Interese Nacional.
Outra celebración de importancia é o Sábado de Piñata que se celebra o sábado seguinte ao remate do Entroido. A pesar de ser relativamente innovadora, esta actividade xa goza de gran prestixio no ben coñecido panorama do entroido ourensán.
A continuación podes ver o calendario das festas patronais nas diferentes parroquias:
- Festas en honor San Roque (a medidados de agosto), teñen a súa orixe no que a finais do s. XVI fixeron os monxes do mosteiro ao santo para librarse dunha epidemia de peste
- Festa Virxe da Armada, avogada dos males da cabeza, arredor do 10 de setembro na parroquia de San Salvador de Rabal
- Festa do San Marcos da Gandarela (finais de Abril)
- Festas do San Cibrao de Acebedo do Río (finais de setembro)
- Festas do Cristal (mediados de setembro)
- Festas dos Remedios (Santa María de Vilanova. A primeira fin de semana de setembro) Hai verbena na praza do pobo con chocolate gratis e queimada para os asistentes
- Festa da Virxe das Neves en Freixo (mediados de xullo)
- Festa da Magdalena en Santa Eufemia (mediados de xullo)
- Festa da virxe do Carme en Queixas: no mes de xuño
Outras festas
- Xornadas do Folclore con bailes tradicionais de distintos países do mundo, e que se celebran no emblemático Claustro Barroco.
- Tamén se celebra unha feira de mostras organizada pola Asociación de comerciantes e empresarios de celanova, que se soe celebrar no mes de abril.