Parroquia de Acevedo do Río
Acevedo do Río é unha parroquia que se asenta no Concello de Celanova.
Núcleos
- O Casal
- Cavadoiro
- Cerdedo
- As Chousas
- Ermide
- As Lamas
- Outeiro
- Pazo das Chousas
- Os Prados
- San Cibrao
- O Tellado
- O Terrado
- Trasmiras
- Vilaverde
- Xamirás
Datos históricos
Xunto coa parroquia de Milmanda constituíu o concelo de Acevedo ata 1968, cando se incorporou ao termo municipal de Celanova. O seu apelativo inclúe unha referencia ao río Tuño (importante afluente do Arnoia) que baña esta parroquia.
Lugares de interese
- Igrexa de San Xurxo de Acevedo.
- Construción tipo pazo, hoxe en ruínas, propiedade dos Marquina. Aínda é visible o impresionante pombal.
Persoeiros destacados
- Faustino Miguez (1831-1925), sacerdote escolapio, fundador das Calasancias, canonizado no 2017. No lugar de Xamiras aínda se conserva a súa casa natal, convertida en centro de peregrinacións.