Parroquia de Castromao
Castroamo é unha das parroquias do Concello de Celanova con máis tradición e historia, xa que alí se asenta un castro.
Núcleos
- Arrabalde
- A Buratiña
- Canavelas
- Castromao
- A Gandarela
- Piñeiro
- A Roda de arriba
- Ferrería
- San Xiao
Datos de interese
Situado nun outeiro cunha panorámica impresionante que domina practicamente toda a bisbarra, o xacemento arqueolóxico de Castromao é un dos principais referentes castros do Noroeste peninsular. Destaca polas súas enormes dimensións (máis de 7,5 Ha) froito dunha alongada ocupación temporal que se estende desde o século VII a. C. ata inicios do século III d. C. A súa importancia queda acreditada pola contidade e calidade dos materiais que se atoparon durante as escavacións arqueolóxicas que se veñen sucedendo desde os anos 60 do s. XX.
Pezas tan singulares como un trícele calado, unha figura zoomorfa ou un tesouriño de moedas do século I, todas elas conservadas no Museo Arqueolóxico Provincial, son unha pequena mostra do que aínda pode qudar por descubrir.
A tabula de Castromao, achada en 1970, fai referencia ao pacto de hospitalidade entre os coelerni e un oficial do exército romano no ano 132 d. C. Todo parece indicar que Castromao era a capital dos coelerni, identificada nos textos clásicos co nome de Coeliobriga.